Un novo proxecto urbano, turístico, cultural, lúdico e pedagóxico.

Un proxecto de recuperación urbana.

A Galaxia Imaxinaria é un proxecto de recuperación urbana atravesado por unha serie de contidos e propostas que acompañan a activación dun espazo público.

A recuperación dos usos desenvólvese a través da integración entre os contidos e o propio traballo de transformación urbana do espazo.

Os contidos que se fusionan co proxecto urbano están inspirados en dous eixes centrais:

    • O cultural en diálogo co imaxinario galego, coas lendas, coa literatura etc.
      O lúdico e pedagóxico en diálogo coa cultura científica ao redor da Vía Láctea.
  • As temáticas elixidas están en relación directa co conxunto da comarca e con algunhas das súas áreas de interese principais e enmarcan o Parque no Plan de Dinamización de Produto Turístico de Ferrol, Eume e Ortegal.

    - Imaxes - Guía do parque - Situación e contacto - Apertura - Como se fixo - Ligazóns